Subvención rehabilitación para patoloxías neuromusculares Deputación Da Coruña 2019.

A Deputación Provincial Da Coruña concedeunos unha subvención coa que podemos ofrecer ás nosas persoas socias da Provincia Da Coruña, apoio no caso de precisar rehabilitación de carácter integral co fin de obter a optimización das súas capacidades para lograr a súa máxima autonomía.


Grazas a este proxecto podemos axudar a sufragar o custe das diferentes terapias tales como:

– Fisioterapia, Hidroterapia, Pilates Terapéutico : mantemento das funcións, capacidade
de movemento e prevención de complicacións.

Previamente ao comezo das sesións realizarase por parte del equipo de ASEM Galicia, unha valoración individualizada das necesidades de cada persoa usuaria, na que se determinará que intervención é a máis adecuada en base as súas características, para proceder a garantir o copago das sesións necesarias para cada persoa usuaria (1sesión/semana).

Polo tanto, precisamos que as persoas interesadas se poñan en contacto connosco para dar comezo ao noso proxecto o antes posible. O prazo para inscribirse finaliza o próximo venres 30 de agosto.

Para formalizar a inscrición terán que contactar co persoal da entidade ben a través dos seus teléfonos de contacto: 986 378 001 ou 698 140 728.

Tamén é posible contactar connosco a través do seguinte e-mail: trabajosocial@asemgalicia.com.

SOLICITUDE REHABILITACIÓN Deputación de A Coruña 2019