Noticias
Oferta de emprego

Home 9 Noticias 9 Oferta de emprego

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS POLAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2021

Selección dun/a TERAPEUTA OCUPACIONAL e un/a ASISTENTE PERSOAL A DOMICILIO, para Programa de Cooperación en Vigo. Requisitos xerais: Estar desempregado/a e inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Non ser contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas nos anos 2019 e 2020 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de traballadores desempregados.

Requisitos específicos en terapia ocupacional

– Grao en terapia ocupacional

– Coñecemento sobre produtos de apoio para persoas con mobilidade reducida

– Coñecemento en presentación e xustificación de proxectos para subvencións

Requisitos específicos asistente persoas a domicilio Formación en:

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes ou Auxiliar de enfermaría

– Experiencia en traballar con persoas con mobilidade reducida

Outros requisitos:

– Posuír o perfil para o posto solicitado.

– Vehículo propio.

Presentación de currículums:

As persoas interesadas poden enviar o CV ao correo electrónico info@asemgalicia.com indicando no asunto o posto de traballo ao que se presentan. O prazo de remate de recepción de CV será o vindeiro 14 de decembro de 2021.

Búscar noticias

Mostrar más resultados...

Generic selectors
Solo coincidencias exactas
Buscar en el título
Buscar en el contenido
Post Type Selectors

1 EURO BASTA

Hazte socio

Hazte Socio

BUSCADOR MYOCOR

myocor

Últimas entradas del blog

BOLETÍN DE NOTICIAS

Boletín de noticias: convenios, actividad asociativa, servicios, etc.