OFERTA DE EMPREGO VIGO 2021

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS POLAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2020

Selección dun Traballador/a Social e un/a Fisioterapeuta, para Programa de Cooperación en Vigo.

Requisitos xerais:
Estar desempregado/a e inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Non ser contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas nos anos 2018 e 2019 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de traballadores desempregados.

Outros requisitos:
Posuír o perfil para o posto solicitado.
Vehículo propio
Fisioterapeutas especializados/as en Enfermidades Neuromusculares.

Presentación de currículums:
As persoas interesadas poden enviar o CV ao correo electrónico info@asemgalicia.com indicando no asunto o posto de traballo ao que se presentan.
O prazo de remate de recepción de CV será o vindeiro 16 de decembro de 2020.